viernes, 2 de mayo de 2014

OS ESPAZOS DO SECTOR SECUNDARIO


  • Unha interesante presentación xeral sobre o sector industrial de M. Ibáñez, adaptando outra de  Isaac Buzo:
 

  •  Sobre os espazos industriais, remitímonos a estoutra de Isaac Buzo.
 

 

martes, 15 de abril de 2014

OS ESPAZOS DO SECTOR PRIMARIO

O sector primario abrangue as actividades económicas orientadas á extracción de bens e recursos do medio físico. Estas son a agricultura, a gandería, a pesca, a explotación forestal e a minería. Chamamos espazo rural ao espazo no que se desenvolven estas actividades. Non obstante, este espazo converteuse no ámbito de desenvolvemento de novos usos: turísticos, residenciais, industriais...
O peso económico do sector primario foise reducindo constantemente ao longo do século XX ata representar na actualidade menos do 5% da poboación activa e arredor do 2'5% do PIB. Pero as actividades agrarias seguen a ocupar máis do 35% do territorio español, da súa produción resultan as materias primas de numerosos sectores industriais, cobren unha parte aínda notable das exportacións españolas, ocupan máis de un terzo do territorio...O seu valor en termos medioambientais é fundamental.

Unha útil presentación sobre o tema da Editorial Santillana:


Tema 10: EL SECTOR PRIMARIO from tonicontreras

Sobre as diferentes paisaxes agrarias españolas podes revisar esta presentación:


T5f. paisajes agrarios from pedrobernal

Podes descargarte un resumo das cuestións teóricas deste tema premendo AQUÍ.

O vocabulario específico da unidade podes estudalo nesta presentación:

domingo, 30 de marzo de 2014

OS ESPAZOS URBANOS

Actualmente, máis de 3/4 da poboación española vive en cidades. Formamos parte, polo tanto dunha sociedade eminentemente urbana. A súa configuración é o resultado dun longo proceso histórico que conlevou a concentración da poboación e da actividade económica nas cidades e determinou o tamaño, a distribución espacial e a estrutura interna das cidades. 
O proceso de urbanización español é relativamente recente. A finais do século XVIII, as cidades españolas acollían arredor do 10% da poboación total. Aínda en 1950, máis do 50% dos españois residía en núcleos de menos de 10.000 habs. Dende esta data, a intensificación do éxodo rural, parello á acelerada industrialización do período desarrollista, provocou a rápida redución desta porcentaxe, o abandono de numerosas aldeas e pobos e o avellentamento da poboación rural. Fronte a este retroceso do mundo rural, as cidades medraron e fóronse configurando extensas aglomeracións urbanas e conurbacións. 


  • Sobre a historia do proceso de urbanización en España vid. esta presentación de ISAAC BUZO:

Proceso de urbanización en España from Isaac Buzo

  • Para ver e/ou descargar un texto que resume o proceso preme AQUÍ.
  • Unha análise sobre o sistema urbano español nesta presentación publicada por MANUEL PIMIENTA en SLIDESHARE. Sobe o mesmo tema podes consultar e descargar este texto.
 Resume da teoría do tema nesta LIGAZÓN.
 

miércoles, 19 de febrero de 2014

A POBOACIÓN ESPAÑOLA

Os efectivos demográficos españois ascendían, segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2012, a preto de 46'2 millóns de habitantes. Isto que representa unha densidade de pooación de 91'2 habs/km2, un valor algo inferior á media europea. A súa distribución sobre o territorio presenta fortes contrastes entre áreas de elevada densidade (Madrid, a periferia peninsular, Baleares, Canarias, Ceuta e Meliña) e as rexións interiores menos poboadas (Castela-León, Castela-A Mancha, Estremadura, Aragón).
A poboación española pasou de 18'8 millóns de habs. en 1900 aos 46'2 millóns actuais, o que representa un incremento do 146%. Este crecemento a penas tivo interrumpcións durante todo o período. O seu ritmo foim, sen embargo, moi variable como consecuencia do tránsito entre o réxime demográfico antigo, característico da súa dinámica natural a finais do século XX, e o réxime demográfico moderno, acadado na década de 1980, do impacto dos movementos migratorios e das circunstancias históricas peculiares do país ao longo do século XX.

Sobre este tema, podedes revisar esta completa presentación de Sergi Sanchiz Torres en SLIDESHARE:

GEO 08. La población española from Sergi Sanchiz Torres

Abundante material de apoio (mapas, gráficos, táboas estatísticas...) nesta outra de silviabegona no mesmo portal:


La población a través de gráficos y mapas. from silviabegona

Podedes descargar os resumos da teoría nestas ligazóns:

O vocabulario da unidade podes revisalo nesta presentación:

04h vocabulario poboacion-urbanizacion from quiquehs
Podes descargalo dende esta LIGAZÓN.

domingo, 26 de enero de 2014

Climas e paisaxes naturais da Terra



  • Podedes ver nesta ligazón como se fai un climograma.
  • En CLIMATIC podes atopar datos climáticos e facer climogramas de todo o mundo. Telos tamén en http://es.climate-data.org/