O proceso de urbanización español é relativamente recente. A finais do século XVIII, as cidades españolas acollían arredor do 10% da poboación total. Aínda en 1950, máis do 50% dos españois residía en núcleos de menos de 10.000 habs. Dende esta data, a intensificación do éxodo rural, parello á acelerada industrialización do período desarrollista, provocou a rápida redución desta porcentaxe, o abandono de numerosas aldeas e pobos e o avellentamento da poboación rural. Fronte a este retroceso do mundo rural, as cidades medraron e fóronse configurando extensas aglomeracións urbanas e conurbacións.
- Sobre a historia do proceso de urbanización en España vid. esta presentación de ISAAC BUZO:
Proceso de urbanización en España from Isaac Buzo
- Para ver e/ou descargar un texto que resume o proceso preme AQUÍ.
- Unha análise sobre o sistema urbano español nesta presentación publicada por MANUEL PIMIENTA en SLIDESHARE. Sobe o mesmo tema podes consultar e descargar este texto.