viernes, 2 de mayo de 2014

OS ESPAZOS DO SECTOR SECUNDARIO


  • Unha interesante presentación xeral sobre o sector industrial de M. Ibáñez, adaptando outra de  Isaac Buzo:
 

  •  Sobre os espazos industriais, remitímonos a estoutra de Isaac Buzo.
 

 

martes, 15 de abril de 2014

OS ESPAZOS DO SECTOR PRIMARIO

O sector primario abrangue as actividades económicas orientadas á extracción de bens e recursos do medio físico. Estas son a agricultura, a gandería, a pesca, a explotación forestal e a minería. Chamamos espazo rural ao espazo no que se desenvolven estas actividades. Non obstante, este espazo converteuse no ámbito de desenvolvemento de novos usos: turísticos, residenciais, industriais...
O peso económico do sector primario foise reducindo constantemente ao longo do século XX ata representar na actualidade menos do 5% da poboación activa e arredor do 2'5% do PIB. Pero as actividades agrarias seguen a ocupar máis do 35% do territorio español, da súa produción resultan as materias primas de numerosos sectores industriais, cobren unha parte aínda notable das exportacións españolas, ocupan máis de un terzo do territorio...O seu valor en termos medioambientais é fundamental.

Unha útil presentación sobre o tema da Editorial Santillana:


Tema 10: EL SECTOR PRIMARIO from tonicontreras

Sobre as diferentes paisaxes agrarias españolas podes revisar esta presentación:


T5f. paisajes agrarios from pedrobernal

Podes descargarte un resumo das cuestións teóricas deste tema premendo AQUÍ.

O vocabulario específico da unidade podes estudalo nesta presentación:

domingo, 30 de marzo de 2014

OS ESPAZOS URBANOS

Actualmente, máis de 3/4 da poboación española vive en cidades. Formamos parte, polo tanto dunha sociedade eminentemente urbana. A súa configuración é o resultado dun longo proceso histórico que conlevou a concentración da poboación e da actividade económica nas cidades e determinou o tamaño, a distribución espacial e a estrutura interna das cidades. 
O proceso de urbanización español é relativamente recente. A finais do século XVIII, as cidades españolas acollían arredor do 10% da poboación total. Aínda en 1950, máis do 50% dos españois residía en núcleos de menos de 10.000 habs. Dende esta data, a intensificación do éxodo rural, parello á acelerada industrialización do período desarrollista, provocou a rápida redución desta porcentaxe, o abandono de numerosas aldeas e pobos e o avellentamento da poboación rural. Fronte a este retroceso do mundo rural, as cidades medraron e fóronse configurando extensas aglomeracións urbanas e conurbacións. 


  • Sobre a historia do proceso de urbanización en España vid. esta presentación de ISAAC BUZO:

Proceso de urbanización en España from Isaac Buzo

  • Para ver e/ou descargar un texto que resume o proceso preme AQUÍ.
  • Unha análise sobre o sistema urbano español nesta presentación publicada por MANUEL PIMIENTA en SLIDESHARE. Sobe o mesmo tema podes consultar e descargar este texto.
 Resume da teoría do tema nesta LIGAZÓN.
 

miércoles, 19 de febrero de 2014

A POBOACIÓN ESPAÑOLA

Os efectivos demográficos españois ascendían, segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2012, a preto de 46'2 millóns de habitantes. Isto que representa unha densidade de pooación de 91'2 habs/km2, un valor algo inferior á media europea. A súa distribución sobre o territorio presenta fortes contrastes entre áreas de elevada densidade (Madrid, a periferia peninsular, Baleares, Canarias, Ceuta e Meliña) e as rexións interiores menos poboadas (Castela-León, Castela-A Mancha, Estremadura, Aragón).
A poboación española pasou de 18'8 millóns de habs. en 1900 aos 46'2 millóns actuais, o que representa un incremento do 146%. Este crecemento a penas tivo interrumpcións durante todo o período. O seu ritmo foim, sen embargo, moi variable como consecuencia do tránsito entre o réxime demográfico antigo, característico da súa dinámica natural a finais do século XX, e o réxime demográfico moderno, acadado na década de 1980, do impacto dos movementos migratorios e das circunstancias históricas peculiares do país ao longo do século XX.

Sobre este tema, podedes revisar esta completa presentación de Sergi Sanchiz Torres en SLIDESHARE:

GEO 08. La población española from Sergi Sanchiz Torres

Abundante material de apoio (mapas, gráficos, táboas estatísticas...) nesta outra de silviabegona no mesmo portal:


La población a través de gráficos y mapas. from silviabegona

Podedes descargar os resumos da teoría nestas ligazóns:

O vocabulario da unidade podes revisalo nesta presentación:

04h vocabulario poboacion-urbanizacion from quiquehs
Podes descargalo dende esta LIGAZÓN.

domingo, 26 de enero de 2014

Climas e paisaxes naturais da Terra



  • Podedes ver nesta ligazón como se fai un climograma.
  • En CLIMATIC podes atopar datos climáticos e facer climogramas de todo o mundo. Telos tamén en http://es.climate-data.org/

martes, 21 de enero de 2014

RISCOS E PROBLEMAS AMBIENTAIS

O medio natural condiciona a actividade humana. Por unha banda, proporciona os recursos naturais necesarios para o seu desenvolvemento. Pola outra, conleva riscos de diversa caste que deben ser analizados, previdos e/ou evitados.
Asimesmo, a actividade human incide moi significativamente sobre o medio ambiente: provoca serios problemas ambientais pero tamén, nalgúns casos, trata de reducilos e combatelos e desenvolver programas destinados a protexer os espazos naturais.

Unha ampla exposición desta problemática, podes atopala nesta excelente presentación de SERGI SANCHIZ TORRES en slideshare.net.


GEO 04.B. Medio y actividad humana.ppt from Sergi Sanchiz Torres

Especificamente adicado á cuestión dos riscos naturais, podedes ollar esta outra de XOSÉ ANTÓN GARCÍA, no mesmo repositorio 
 

jueves, 19 de diciembre de 2013

NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN GALICIA.

O territorio galego sitúase no NW da Península Ibérica. Os seus límites xeográficos son: o Océano Atlántico ao W, o Mar Cantábrico ao N, as comunidades autónomas españolas de Asturias e Castela-León ao E e Portugal ao S. A súa superficie é de 29.365 km2 e un perimetro costeiro de 1.4982 km.

Unha excelente presentación sobre os diferentes aspectos da unidade, obra de Xose A. García:
 

martes, 12 de noviembre de 2013

A DIVERSIDADE HIDRICA E BIOXEOGRÁFICA

O heteroxéneo relevo, a complexidade litolóxica e a variedade climática do territorio español tradúcense condicionan a estrutura e distribución espacial dos recursos hídricos, dos tipos de solo e da flora e fauna. existente.

1.-OS RECURSOS HÍDRICOS. PROBLEMÁTICA E SOLUCIÓNS.
Os recursos hífricos repártense  entre as correntes supeficiais (ríos e regueiros), as zonas húmidas (lacustres e palustres) e os acuíferos subterráneos. Aínda que globalmente considerado o volume dispoñible é suficiente para abastecer a demanda actual de auga, o reparto irregular dos recursos, tanto dende o punto de vista espacial como dende o punto de vista temporal, xera importantes problemas e obriga a procurar solucións económicas, políticas e medioambientais que corrixan os desequilibrios existentes.


03a hidroloxía from quiquehs


Podes descargarte o resumo do tema premendo AQUÍ.

2.-A DIVERSIDADE BIOXEOGRÁFICA.




03b solos from quiquehs

Podes descargarte o resumo da teoría premendo AQUÍ.
O vocabulario do tema atoparalo nesta LIGAZÓN:  https://docs.zoho.com/file/gu1waa329602dc2034066817e71e38133d20a

jueves, 17 de octubre de 2013

O relevo terrestre.

1.-A ESTRUTURA INTERNA DA TERRA.

 Fonte: http://geoprhartman.blogspot.com.es/

2.-A SUPERFICIE TERRESTRE: CONTINENTES E OCÉANOS.
Fonte: Banco de recursos do CNICE.
Practica cos mapas flash interactivos do profesor Enrique Alonso.

3.-A XÉNESE DO RELEVO.

4.-O MODELADO DO RELEVO.


5.-AS FORMAS DO RELEVO

Relevo continental
Relevo costeiro
Relevo submariño



miércoles, 9 de octubre de 2013

Diversidade climática

A latitude, a posición, o relevo e o influxo do mar unidos aos efectos variables da circulación xeral atmosférica inciden de xeito diverso ao longo e ancho do territorio español influíndo nos diferentes elementos do clima. Conseguintemente, o territorio español caracterízase por unha gran diversidade de situacións meteorolóxicas e pola presenza de diferentes dominios climáticos.

1.-INTRODUCIÓN. FACTORES E ELEMENTOS DO CLIMA.
 
02a clima intro from quiquehs
Descarga dende AQUÍ a presentación  e o resumo do tema Os factores do clima nesta LIGAGÓN.

2.-TIPOS DE TEMPO. MAPAS METEOROLÓXICOS.


Esta é a ligazón para a descarga.

3.-DOMINIOS E VARIEDADES CLIMÁTICAS.



Descarga a presentación dende AQUÍ. Tamén podes botar mán deste cadro-resumo.

VOCABULARIO.

02d clima vocabulario from quiquehs
Descarga dende aquí.



 

domingo, 29 de septiembre de 2013

O medio natural: a Xeografía física.

1.-A XÉNESE DO RELEVO: A TÉCTÓNICA DE PLACAS.
  • As placas tectónicas.
  • Interaccións entre as placas.

sábado, 28 de septiembre de 2013

O comezo da Idade Media

1.-A FIN DA ANTIGÜÍDADE.
  • A división do Imperio romano á morte de Teodosio I (395 d.C.).

2.-O IMPERIO BIZANTINO.
  • Unha boa introdución en LIBROSVIVOS da Editorial SM.
  • Evolución territorial do Imperio bizantino (476-1453)
  •   A época de Xustiniano.

3.-OS REINOS XERMÁNICOS.



4.-A EXPANSIÓN ISLÁMICA.


miércoles, 25 de septiembre de 2013

A representación da Terra.

Bota unha ollada a esta breve pero excelente introdución ao tema


    1.-A TERRA NO UNIVERSO.

    2.-A REPRESENTACIÓN DA SUPERFICIE TERRESTRE.
    • Unha boa presentación sobre o tema nesta ligazón.
    • Sobre os diferentes modelos de proxección cartografíca podedes consultar este interesante interactivo
    • Unha boa presentación sobre a representación da terra e os tipos de mapas de rubempaul en SLIDESHARE:
     
    • Podes xogar co simulador de coordenadas xeográficas LONGLAT 
    • Para coñecer as coordenadas xeográficas de calquera punto da superficie terrestre podes utilizar ITOUCHMAP.
    • Para entender os fusos horarios observa este mapamundi que amosa a hora actual en calquera punto do noso planeta.

    sábado, 21 de septiembre de 2013

    Renacemos?

    CLIOBLOGUE 2.0 naceu hai 3 anos como portafolio-espazo de prácticas dun curso de aprendizaxe do manexo das ferramentas WEB 2.0. Pretendíamos que fose un trebello útil para promover a ensinanza aprendizaxe na área de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia para ESO e Bacherelato. Estivo nun triste estado de latencia durante demasiado tempo e decidimos reanimalo neste curso 2013-2014.Renace coas mellores intencións pero...

    Diversidade xeolóxica e morfolóxica

    O relevo español caracterízase pola súa diversidade e complexidade. As diferentes formas de relevo hoxe existentes son o resultado dunha longa evolución xeolóxica na que incidiron tanto os procesos internos vinculados á tectónica, xeradores do relevo, como os axentes externos, que o modelaron e transformaron. As formas de relevo resultantes presentan, conseguintemente, unha enorme variedade litolóxica, morfoestrutural e topográfica.

    1.-INTRODUCIÓN: Factores explicativos da formación do relevo.

    Relevo 01 intro from quiquehs
    Podes descargarte sen problemas o .pdf desta presentación premendo AQUÍ.

    2.-EVOLUCIÓN XEOLÓXICA. PRINCIPAIS UNIDADES MORFOESTRUTURAIS.

    Relevo 02 evol from quiquehs
    Podes descargarte sen problemas o .pdf desta presentación premendo AQUÍ


    3.-DOMINIOS LITOLÓXICOS E FORMAS DE MODELADO.

    Relevo 03 litol from quiquehs
    Descargáde sen condicións dende AQUÍ.

    4.-AS UNIDADES DO RELEVO.  



    Descarga dende AQUÍ

    VOCABULARIO SELECCIONADO:

    01 e relevo vocabulario from quiquehs
    Descarga a presentación premendo AQUÍ.

    TEORÍA: Resumo do tema EVOLUCIÓN XEOLÓXICA E PRINCIPAIS UNIDADES MORFOESTRUTURAIS.
     
    01 f relevo teoría from quiquehs
    Descárgao dende AQUÍ.