miércoles, 19 de febrero de 2014

A POBOACIÓN ESPAÑOLA

Os efectivos demográficos españois ascendían, segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2012, a preto de 46'2 millóns de habitantes. Isto que representa unha densidade de pooación de 91'2 habs/km2, un valor algo inferior á media europea. A súa distribución sobre o territorio presenta fortes contrastes entre áreas de elevada densidade (Madrid, a periferia peninsular, Baleares, Canarias, Ceuta e Meliña) e as rexións interiores menos poboadas (Castela-León, Castela-A Mancha, Estremadura, Aragón).
A poboación española pasou de 18'8 millóns de habs. en 1900 aos 46'2 millóns actuais, o que representa un incremento do 146%. Este crecemento a penas tivo interrumpcións durante todo o período. O seu ritmo foim, sen embargo, moi variable como consecuencia do tránsito entre o réxime demográfico antigo, característico da súa dinámica natural a finais do século XX, e o réxime demográfico moderno, acadado na década de 1980, do impacto dos movementos migratorios e das circunstancias históricas peculiares do país ao longo do século XX.

Sobre este tema, podedes revisar esta completa presentación de Sergi Sanchiz Torres en SLIDESHARE:

GEO 08. La población española from Sergi Sanchiz Torres

Abundante material de apoio (mapas, gráficos, táboas estatísticas...) nesta outra de silviabegona no mesmo portal:


La población a través de gráficos y mapas. from silviabegona

Podedes descargar os resumos da teoría nestas ligazóns:

O vocabulario da unidade podes revisalo nesta presentación:

04h vocabulario poboacion-urbanizacion from quiquehs
Podes descargalo dende esta LIGAZÓN.

domingo, 26 de enero de 2014

Climas e paisaxes naturais da Terra



  • Podedes ver nesta ligazón como se fai un climograma.
  • En CLIMATIC podes atopar datos climáticos e facer climogramas de todo o mundo. Telos tamén en http://es.climate-data.org/

martes, 21 de enero de 2014

RISCOS E PROBLEMAS AMBIENTAIS

O medio natural condiciona a actividade humana. Por unha banda, proporciona os recursos naturais necesarios para o seu desenvolvemento. Pola outra, conleva riscos de diversa caste que deben ser analizados, previdos e/ou evitados.
Asimesmo, a actividade human incide moi significativamente sobre o medio ambiente: provoca serios problemas ambientais pero tamén, nalgúns casos, trata de reducilos e combatelos e desenvolver programas destinados a protexer os espazos naturais.

Unha ampla exposición desta problemática, podes atopala nesta excelente presentación de SERGI SANCHIZ TORRES en slideshare.net.


GEO 04.B. Medio y actividad humana.ppt from Sergi Sanchiz Torres

Especificamente adicado á cuestión dos riscos naturais, podedes ollar esta outra de XOSÉ ANTÓN GARCÍA, no mesmo repositorio 
 

jueves, 19 de diciembre de 2013

NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN GALICIA.

O territorio galego sitúase no NW da Península Ibérica. Os seus límites xeográficos son: o Océano Atlántico ao W, o Mar Cantábrico ao N, as comunidades autónomas españolas de Asturias e Castela-León ao E e Portugal ao S. A súa superficie é de 29.365 km2 e un perimetro costeiro de 1.4982 km.

Unha excelente presentación sobre os diferentes aspectos da unidade, obra de Xose A. García:
 

martes, 12 de noviembre de 2013

A DIVERSIDADE HIDRICA E BIOXEOGRÁFICA

O heteroxéneo relevo, a complexidade litolóxica e a variedade climática do territorio español tradúcense condicionan a estrutura e distribución espacial dos recursos hídricos, dos tipos de solo e da flora e fauna. existente.

1.-OS RECURSOS HÍDRICOS. PROBLEMÁTICA E SOLUCIÓNS.
Os recursos hífricos repártense  entre as correntes supeficiais (ríos e regueiros), as zonas húmidas (lacustres e palustres) e os acuíferos subterráneos. Aínda que globalmente considerado o volume dispoñible é suficiente para abastecer a demanda actual de auga, o reparto irregular dos recursos, tanto dende o punto de vista espacial como dende o punto de vista temporal, xera importantes problemas e obriga a procurar solucións económicas, políticas e medioambientais que corrixan os desequilibrios existentes.


03a hidroloxía from quiquehs


Podes descargarte o resumo do tema premendo AQUÍ.

2.-A DIVERSIDADE BIOXEOGRÁFICA.




03b solos from quiquehs

Podes descargarte o resumo da teoría premendo AQUÍ.
O vocabulario do tema atoparalo nesta LIGAZÓN:  https://docs.zoho.com/file/gu1waa329602dc2034066817e71e38133d20a