Saúdo

Benvid@s a CLÍOBLOQUE 2.0. Nacido para aprender o manexo das ferramentas WEB 2.0, pretendemos convertilo nun trebello útil para a ensinanza-aprendizaxe na Área de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia en ESO e BAC.

Este blogue ten, polo tanto, unha finalidade exclusivamente educativa e a utilización nel de calquera tipo recursos, elaborados ou non polo creador-administrador e colaboradores, non ten ningún obxecto de lucro. Non obstante, se algúen, de tódolos xeitos, considera que estamos utilizando inapropiadamente algún material (texto, imaxe, video…), agradeceríamos que nolo faga saber póndose en contacto co creador.

Remexede, buscade e, se atopades neste faiado algo que vós guste, usádeo, referenciando, por favor, a súa procedencia.

Sen máis, moitas grazas.

Quique Hervés