miércoles, 19 de febrero de 2014

A POBOACIÓN ESPAÑOLA

Os efectivos demográficos españois ascendían, segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2012, a preto de 46'2 millóns de habitantes. Isto que representa unha densidade de pooación de 91'2 habs/km2, un valor algo inferior á media europea. A súa distribución sobre o territorio presenta fortes contrastes entre áreas de elevada densidade (Madrid, a periferia peninsular, Baleares, Canarias, Ceuta e Meliña) e as rexións interiores menos poboadas (Castela-León, Castela-A Mancha, Estremadura, Aragón).
A poboación española pasou de 18'8 millóns de habs. en 1900 aos 46'2 millóns actuais, o que representa un incremento do 146%. Este crecemento a penas tivo interrumpcións durante todo o período. O seu ritmo foim, sen embargo, moi variable como consecuencia do tránsito entre o réxime demográfico antigo, característico da súa dinámica natural a finais do século XX, e o réxime demográfico moderno, acadado na década de 1980, do impacto dos movementos migratorios e das circunstancias históricas peculiares do país ao longo do século XX.

Sobre este tema, podedes revisar esta completa presentación de Sergi Sanchiz Torres en SLIDESHARE:

GEO 08. La población española from Sergi Sanchiz Torres

Abundante material de apoio (mapas, gráficos, táboas estatísticas...) nesta outra de silviabegona no mesmo portal:


La población a través de gráficos y mapas. from silviabegona

Podedes descargar os resumos da teoría nestas ligazóns:

O vocabulario da unidade podes revisalo nesta presentación:

04h vocabulario poboacion-urbanizacion from quiquehs
Podes descargalo dende esta LIGAZÓN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario