domingo, 30 de marzo de 2014

OS ESPAZOS URBANOS

Actualmente, máis de 3/4 da poboación española vive en cidades. Formamos parte, polo tanto dunha sociedade eminentemente urbana. A súa configuración é o resultado dun longo proceso histórico que conlevou a concentración da poboación e da actividade económica nas cidades e determinou o tamaño, a distribución espacial e a estrutura interna das cidades. 
O proceso de urbanización español é relativamente recente. A finais do século XVIII, as cidades españolas acollían arredor do 10% da poboación total. Aínda en 1950, máis do 50% dos españois residía en núcleos de menos de 10.000 habs. Dende esta data, a intensificación do éxodo rural, parello á acelerada industrialización do período desarrollista, provocou a rápida redución desta porcentaxe, o abandono de numerosas aldeas e pobos e o avellentamento da poboación rural. Fronte a este retroceso do mundo rural, as cidades medraron e fóronse configurando extensas aglomeracións urbanas e conurbacións. 


  • Sobre a historia do proceso de urbanización en España vid. esta presentación de ISAAC BUZO:

Proceso de urbanización en España from Isaac Buzo

  • Para ver e/ou descargar un texto que resume o proceso preme AQUÍ.
  • Unha análise sobre o sistema urbano español nesta presentación publicada por MANUEL PIMIENTA en SLIDESHARE. Sobe o mesmo tema podes consultar e descargar este texto.
 Resume da teoría do tema nesta LIGAZÓN.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario